Tras as alarmas acendidas por colectivos patrimoniais, a xunta de goberno local e a Consellería de Cultura asinaron un fondo de emerxencia dotado con 250.000 euros. As actuacións comezarán de inmediato para consolidar os muros perimetrais e a mítica muralla do castro, gravemente danados pola erosión mariña e o incívico tránsito de visitantes fóra dos sendeiros autorizados. Desplégase, ademais, un novo servizo de guías e vixilancia ambiental para a campaña estival que arranca este vindeiro xullo.
[ FOTOGRAFÍA PRINCIPAL ]
Vista do istmo do Castro de Baroña ao amencer co equipo técnico avaliando os danos estructurais na muralla exterior.